Se segue a navegar ou realiza calquera outra acción na nosa web, acepta que utlicemos cookies propias e de terceiros para facilitarlle unha mellor experiencia de navegación.

Mais información     |     Pechar

 
 
 
 
 
microespazos
 
  •  
    Compostela (Parte III)
    Compostela (Parte III)
  •  
    Compostela (Parte II)
    Compostela (Parte II)
  •  
    Compostela (Parte I)
    Compostela (Parte I)
  •  
    Maeloc (Parte II)
    Maeloc (Parte II)
  •  
    Maeloc (Parte I)
    Maeloc (Parte I)
  •  
    A Britonia galega
    A Britonia galega
  • Beluso
    Beluso
  • Guísamo
    Guísamo
  • As Guístolas
    As Guístolas
  • Vilaguisada
    Vilaguisada
  • Freituxe
    Freituxe
  • Turbisquedo
    Turbisquedo
  • Tuxe - A Antuxa
    Tuxe - A Antuxa
  • Vilaúxe - Vilouxe
    Vilaúxe - Vilouxe
  • Maguxe
    Maguxe
  • Garavisco
    Garavisco
  • Portomourisco
    Portomourisco
  • Moruxo
    Moruxo
  • O Aruxo-Araúxo-Oruxo
    O Aruxo-Araúxo-Oruxo
  • Coriscada - Coruxedo
    Coriscada - Coruxedo
  • Coruxo - Uxes
    Coruxo - Uxes
  •  
    Entroido galego
    Entroido galego
  • Braña
    Braña
  • Cu - Cucho · O mellor amigo do home
    Cu - Cucho
  • Xallas
    Xallas
  • Borra
    Borra
  • Gua
    Gua
  • Elviña
    Elviña
  • Valdoviño
    Valdoviño
  • Sella
    Sella
  • Cabanas
    Cabanas
  •  
    O ianqui gael
    O ianqui gael
  • ver máis
 
 

O Proxecto Gaelaico

 "A peza que faltaba"

Desde unha base lingüística sólida, o Proxecto Gaelaico pretende difundir datos esenciais para unha mellor comprensión da historia dos pobos que desde hai milenios viven na Europa Atlántica. Estes datos revelan unha relación tan evidente entre as linguas gaélicas e a lingua galega, entre Irlanda, Escocia e Galicia, que resulta sorprendente que non se vise reflectida na historia que todos coñecemos. Deixemos que falen as linguas.

Ver máis

A Distribución Xenética na Europa Atlántica

"O nexo xenético"

Os datos que aporta a xenética axudan a esclarecer o pasado profundo da prehistoria humana. Os estudos de xenética de poboacións humanas realizados durante a última década mostran que a similitude xenética actual entre as distintas poboacións da Europa Atlántica está aí desde o primeiro asentamento humano na zona, tanto por vía masculina como por vía feminina.

Ver máis

Similitudes entre os Pobos da Europa Atlántica

"O pasado común"

A arqueoloxía mostra unha clara similitude prehistórica entre as culturas dos pobos da Europa Atlántica.  En épocas xa históricas, as zonas tradicionalmente celtas foron invadidas subseguintemente polas lexións romanas e polos pobos xermánicos, tradicionais protectores da civilitas romana. Na Europa Atlántica, a pegada xenética destes invasores é mínima.

Ver máis

O Método Comparativo

"A orixe común"

O método comparativo é unha ferramenta de análise lingüística que nos permite demostrar as conexións existentes entre as linguas celtas e as linguas romances, en particular entre as linguas gaélicas e a lingua galega. A través da análise sistemática e a comparación de palabras con formas fonéticas e significados similares de dúas ou máis linguas, pódese demostrar o parentesco entre as linguas.

Ver máis
temáticos
  •  

     

       Neste documento falamos da coexistencia de palabras de orixe picto-britónica, goidélica ou gaélica, e mixta (picto-gaélica) no léxico galego. Debido á gran cantidade de termos que comezan por pet- e pit-, moito máis numerosos ca en calquera outra lingua do occidente europeo, é moi posible que haxa que ver todas estas palabras galegas baixo unha luz moi distinta.

           

     

    Palabras de orixe picta ou britónica no léxico galego
  •  

     

     

     

       Neste traballo propoñemos que Bergantiños puido ser o nome empregado en referencia a unha zona da costa galega na que había poucos fachos ou ningún. Relacionamos o topónimo galego cunha frase gaélico-irlandesa de claro significado.

     

     

    Bergantiños
  •  

     

     

       A toponimia galega segue a ser unha inesgotable fonte de sorpresas. A historia non recolle ningún episodio que sequera poida suxerir a presenza de pictos en Galicia. É posible que en Galicia haxa topónimos de orixe mista (picto-gaélica) espallados por toda a xeografía?

         

     

    Topónimos pictos en Galicia
  •  

     

        As actas do Segundo Concilio de Braga deixan entrever o asentamento dun pobo bretón ou britano na zona de Galicia onde se fala o dialecto mindoniense. É posible que aquelas persoas que chegaron a Galicia procedentes das Illas Británicas deixasen pegadas da súa estadía na toponimia galega e no léxico galego?

       

     

    A outra Galicia · A zona britónica
  •  

         


    Neste documento comparamos a lenda de Santiago en Galicia coa de San Patricio en Irlanda. Sorprendentemente, teñen moitos mais puntos en común dos que cabería agardar. Tamén facemos unha pequena incursión na antroponimia galega.

       

     

     

    Santiago e San Patricio
  •    

     

     

     

    Samhain é unha festa tradicional gaélica relacionada coa fin da colleita e coas almas dos defuntos. O magosto é unha festa tradicional galega que se celebra nas mesmas datas ca Samhain. Neste documento propoñemos unha etimoloxía para a palabra magosto que vincula a festa á tradición gaélica e ás linguas gaélicas.

     

     

    O calendario e a tradición gaélica · Parte II
  •  

     

         

    É posible que os gaeles, os celtas, tivesen un calendario máis sofisticado có que tiñan os romanos na época do primeiro contacto entre eles?

    É posible que o calendario gaélico ou celta fose puramente solar e baseado en divisións matemáticas do ano nas que xa quedaba reflectida a maxia intemporal de Samhain?

     

    O calendario e a tradición gaélica · Parte I
  •  
     

       Neste documento analizamos uns topónimos galegos cuxa raíz está no nórdico antigo. Cremos que chegaron á lingua galega da man das linguas gaélicas, a través da relación entre os gaeles e os escandinavos que asentaron nas illas occidentais de Escocia. Tres destes topónimos corresponden a tres baías claramente definidas: Vigo, Veigue e O Vicedo.

     

     

    VIGO – VICEDO – VEIGUE
  •                  

        A Coruña ou A Cruña foi mencionada como Cruinne en gaélico irlandés por Geoffrey Keating na súa obra Foras Feasa ar Éireann, tamén coñecida como A Historia de Irlanda. Este sería o lugar de partida de Ith, un dos fillos de Breogán, cara a Irlanda, para despois conquistala. Que razóns levaron a Keating a considerar que Cruinne era A Cruña ou A Coruña?

           

     

    A’ CHRUINNE – A CRUÑA
 
 
documentos