Se segue a navegar ou realiza calquera outra acción na nosa web, acepta que utlicemos cookies propias e de terceiros para facilitarlle unha mellor experiencia de navegación.

Mais información     |     Pechar

 
 
 
 
 
 

arquivo

 

documentos

2014/maio

 

Serie GABHAL - GALLA (I)
Bifurcación: apeiros e ferramentas

Esta serie centrarase nun grupo de vocábulos gaélicos e galego-portugueses con significados e formas fonéticas moi semellantes. Ámbolos dous grupos comparten un significado xeral relacionado con “bifurcación”, así como certos significados específicos. Neste primeiro documento da serie analizaremos e compararemos a palabra gaélica gabhal coa palabra galego-portuguesa galla.  

PUBLICADO: 12/05/2014
 

Serie SMUAIREANACH - ESMORRIÑADO (I)
Melancólico, Triste, Decaído

A palabra galega morriña define perfectamente a melancolía ou a tristeza que senten os galegos ó estar lonxe da súa terra. Esmorriñado significa “decaído” ou “triste”. En portugués, morrinha, non ten o significado destas acepcións galegas. Morriña, co significado galego, pasou ó castelán como préstamo. Neste primeiro documento desta serie descubrimos a orixe de morriña, esmorriñado e derivados.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

GUERLAS - GEORLACH (I)
Branquias

Cada lingua ten palabras de seu que, salvo en raras excepcións, non precisa tomar prestadas doutras linguas. Entre os pobos mariñeiros que sempre viviron do mar, os órganos respiratorios de moitos animais acuáticos adoitan ter nomes antigos, e é evidente que non precisan a chegada doutro pobo para dicirlles como se chaman os devanditos órganos. En galego, as branquias reciben, entre outros, o nome de guerlas.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

EANACH – ANAG(H)O – ANAG(H)AR (I)
Inundación - Anegar, Cubrir de auga

Algúns verbos galegos, portugueses e casteláns de uso común considéranse de orixe escura ou incerta. Nalgúns casos nos que existe unha proposta etimolóxica, esta parécenos claramente desacertada. Neste documento centrarémonos no verbo galego, portugués e castelán anegar, que en galego ten como variante anagar, anaghar con gheada.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

LABHAIR – LERIAR (I)
Falar, Charlar, Laricar

Algúns verbos galegos, portugueses e casteláns moi comúns considéranse de orixe escura ou incerta. En diversos documentos analizaremos e compararemos algúns deses verbos con verbos e substantivos gaélicos, veremos a relación existente entre eles e descubriremos a orixe dos verbos galegos. Neste primeiro documento centrámonos nun dos máis empregados en galego, o verbo leriar.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

DEIREADH - DERRADEIRO (I)
Fin, Conclusión, Último

O vocábulo galego e portugués derradeiro ten os significados “último dunha serie”, “final”. É un deses vocábulos que parecen non ter unha raíz latina. Cremos que atopamos a súa raíz nas linguas goidélicas. Esta palabra romance, derradeiro, comparte a súa raíz gaélica con varios verbos galegos (derrear e derrier), portugueses e casteláns que tamén teñen significados directamente relacionados con “fin”, “conclusión”, “termo”.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

CORA - ENCORO
Represa - Embalse, Presa

Toda lingua ten as súas propias palabras para designar distintos obxectos e conceptos relacionados coa caza e a pesca. Adoitan ser palabras tradicionais que non cambian moito co paso do tempo. En galego, represa dise encoro. Esta palabra é exclusivamente galega e portuguesa, non existe en ningunha outra lingua romance. Neste documento descubrimos calquera posible relación desta palabra coas linguas goidélicas.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

GRAMAIL - GRAMIL (I)
Fixación, Suxeición, Captura

As palabras galegas gramil, gremil, gramillo e gramelo son nomes de trampas ou cepos empregados para cazar diferentes animais, desde ratos ata lobos. Tanto en galego como en castelán, gramil tamén é unha ferramenta empregada polos carpinteiros para debuxar liñas paralelas. O sentido de “fixación”, “suxeición” de todas estas palabras romances é un significado característico dun grupo de palabras gaélicas de forma fonética similar.

PUBLICADO: 12/05/2014
 

GRAMAIL - GRAMIL (II)
Cadea do lar

Greimm/graimm é unha raíz gaélica con significados relacionados con "suxeición" e "fixación", que aparentemente foi moi fructífera na lingua romance galega. Así e todo, noutras linguas romances conservouse un número moito menor de palabras derivadas da devandita raíz. Algunhas destas palabras, como cremalleira, por exemplo, aínda hoxe son de uso común.


 

PUBLICADO: 12/05/2014
 

SCEACH – ESQUEJE - ESCALLO (I)
Espiño albar ou branco

Os nomes das plantas son unha parte importante do léxico de calquera lingua. Tamén o son os nomes dalgunhas técnicas de horticultura ou fruticultura xa que tamén poden estar relacionados con nomes de plantas. As palabras galegas escallo e esgallo axudarannos a demostrar que algunhas palabras gaélicas foron adaptadas de distintas maneiras ás linguas romances galega, portuguesa e castelá.

PUBLICADO: 12/05/2014