Se segue a navegar ou realiza calquera outra acción na nosa web, acepta que utlicemos cookies propias e de terceiros para facilitarlle unha mellor experiencia de navegación.

Mais información     |     Pechar

 
 
 
 
 
 

arquivo

 

documentos

2014/xuño

 

Serie GABHAL - GALLA (II)
Bifurcación: golondrina / andoriña

Algunhas palabras gaélicas son moi similares a palabras galegas, portuguesas e castelás cos seus mesmos significados xerais e específicos. A palabra gaélico-irlandesa gabhal e a palabra galega galla son un claro exemplo. Gabhlán e gobhlan, derivados de gabhal e gobhal, sendo esta última unha variante gaélico-escocesa de gabhal,  empréganse en nomes compostos de aves de cola gallada tales como gobhlan-gaoithe, golondrina en castelán.

 

PUBLICADO: 12/06/2014
 

Serie GABHAL - GALLA (III)
Bifurcación: gavilán

Algúns nomes de aves son moi antigos. O gavilán era coñecido como gablán en gaélico irlandés antigo. A mesma ave coñécese como gavilán en galego e en castelán, pero a palabra gavilán ten outras acepcións e están todas relacionadas con obxectos bifurcados, tanto en galego como en castelán. Cremos que non se debe a unha converxencia fortuíta nin a préstamos, senón que estas palabras teñen unha orixe común.

PUBLICADO: 13/06/2014
 

Triloxía mór - meán – PEQUENO (I)
Pequeno

Os vocábulos pequeño, grande e mediano son palabras básicas do léxico de calquera lingua. Os documentos desta triloxía son imprescindibles para comprobar a presenza de palabras gaélicas nas linguas romances do occidente da Península Ibérica. Neste documento comparamos os vocábulos gaélicos beagbeagan  coa palabra galega e portuguesa pequeno, coa castelá pequeño e coa asturiana pequén con significados e formas fonéticas moi similares.

          

PUBLICADO: 02/06/2014
 

Triloxía mór– meán– PEQUENO (II)
Pequeno

Ningún dos dicionarios consultados propón unha orixe para as palabras romances pequeño, pequeno e pequén. Só uno di que pequeño é unha “voz expresiva común a tódalas linguas romances”. Pero non es así exactamente; en catalán e en francés, pequeno dise petit. Neste documento pretendemos demostrar que estas palabras son versións romanizadas ou adaptadas de vocábulos gaélicos con formas fonéticas moi semellantes e cos mesmos significados.

      

PUBLICADO: 03/06/2014
 

Triloxía mór– MEÁN – pequeno (III)
Medio - Mediano

A palabra medón, en gaélico irlandés antigo, e a palabra galega medón teñen significados directamente relacionados, a mesma grafía e formas fonéticas case iguais. A palabra gaélico-irlandésa meán e a galega meán teñen a mesma grafía, significados directamente relacionados e formas fonéticas moi similares.  Tamén existen formas intermedias moi parecidas que indican que este grupo de palabras tivo a mesma evolución en gaélico irlandés e en galego.

       

PUBLICADO: 04/06/2014
 

Trilogía mór– MEÁN – pequeno (IV)
Medio - Mediano - Centro - Cintura

A palabra gaélico-irlandesa meán e a palabra gaélico-escocesa meadhan significan “cintura”, “abdome”... A palabra galega van significa “cintura” eten una forma fonética moi similar ás de meán e meadhan cando sofren lenición (mheán e mheadhan). Malia seren homófonas, a palabra van, "cintura", no ten relación etimolóxica coa palabra galega van, “vano”, “oco”. Esta última acepción da palabra galega van ten a súa orixe no termo latino vanus.

      

 

PUBLICADO: 05/06/2014
 

Triloxía MÓR - meán- pequeno (V)
Maior, Grande - Nome de muller

A palabra galega e portuguesa mór/mor ten un significado directamente relacionado coa palabra gaélica mór/mòr. As súas formas escritas e fonéticas son case idénticas. Neste documento observamos o uso das devanditas palabras na toponimia galaica e na gaélica. A palabra galega mor/mór hoxe xa non se usa, pero a súa presenza en palabras como mordomo e en topónimos como Vilamor, Soutomor y Vilarmor demostran que antano estivo moi viva na lingua galega.

       

PUBLICADO: 06/06/2014
 

Triloxía MÓR– meán – pequeno (VI)
Maior, Grande - Páramo

En Galicia e en Portugal, Mor/Móór usouse como nome de muller durante o Medievo. Mór tamén se usou, e aínda se usa, como nome propio de muller en Irlanda e en Escocia. Vimos que a palabra galega mor está presente como sufixo na toponimia galaica. Neste documento, centrámonos na presenza do vocábulo gaélico, galego e portugués mór adaptado como mo na toponimia e no léxico das linguas romances do occidente da Península Ibérica.

      

PUBLICADO: 09/06/2014
 

TOLL - TOLO
Louco – Parvo – Necio - Van

A palabra galega e portuguesa tolo é de uso cotián en ámbalas dúas linguas. Aínda que en galego se emprega actualmente co significado de “louco”, en portugués úsase co significado de “necio”. Descubrimos varios termos derivados da raíz gaélica toll presentes en tódalas linguas romances do oeste da Península Ibérica. Aínda que a relación entre eles no es evidente a primeira vista, neste documento demostramos un obvio parentesco entre todas estas palabras.

PUBLICADO: 20/06/2014