Se segue a navegar ou realiza calquera outra acción na nosa web, acepta que utlicemos cookies propias e de terceiros para facilitarlle unha mellor experiencia de navegación.

Mais información     |     Pechar

 
 
 
 
 
 

arquivo

 

documentos

2014/xullo

 

Serie SMUAIREANACH - ESMORRIÑADO (II)
Chuvasco breve, Orballar

A palabra galega morriña adoita estar asociada ó sentimento de melancolía ou de tristeza que os galegos senten ó estar lonxe da súa terra. Pero morriña ten outros significados moi diferentes. As claves para coñecer a etimoloxía de morriña segundo o seu significado, atópanse no gaélico irlandés e no gaélico escocés. Neste documento coñeceremos a etimoloxía de morriña cando o seu significado está relacionado coa chuvia.

PUBLICADO: 16/07/2014
 

Serie GRUPO CONSONÁNTICO INICIAL CL-CH (I)
Clab-Chapar

Esta serie de documentos está dedicada a comprobar se as palabras resultantes da evolución dos grupos consonánticos latinos pl, cl e fl que, en sílaba inicial, adoitan pasar a ll en castelán e asturiano e a ch en galego e portugués, son realmente de orixe latina. Cremos que tamén se romanizaron deste xeito, polo menos en galego e en portugués, palabras de orixe non latina cos devanditos grupos consonánticos en sílaba inicial e mesmo con bl e gl.

 

PUBLICADO: 09/07/2014
 

GOR - GORAR
Incubar - Chocar

 Algúns verbos galegos son interesantes porque non teñen nada que ver co latín, a considerada lingua nai de tódalas linguas romances. Moitos destes verbos indican que a lingua galega bebeu de varias fontes e moi especialmente do manancial das linguas goidélicas. Neste documento centrámonos no verbo galego gorar “incubar”, “chocar”. A segunda acepción deste verbo galego coincide coa acepción do verbo portugués gorar e está relacionada coa palabra castelá huero.

PUBLICADO: 08/07/2014