Se segue a navegar ou realiza calquera outra acción na nosa web, acepta que utlicemos cookies propias e de terceiros para facilitarlle unha mellor experiencia de navegación.

Mais información     |     Pechar

 
 
 
 
 
 

arquivo

 

documentos

2014/setembro

 

Serie CUING - CANGA (III)
Viga - Armazón do tellado

Neste terceiro documento desta serie, comparamos unha acepción concreta da palabra gaélica ceangal e os seus derivados con acepcións específicas das palabras galego-portuguesas canga, cango e os seus derivados, facendo referencia todas elas ó significado de “trabe”, “vigueta”, “pontón”, “travesa”, “soporte principal dun tellado”.

 

PUBLICADO: 09/09/2014
 

Serie CUING - CANGA (II)
Cangar - Descangar / Escangallar

Neste segundo documento desta serie, comparamos algúns verbos gaélicos derivados da palabra cuing, “xugo”, e da palabra ceangal, “atadura”, “amarre”, con verbos romances derivados das palabras canga e cangalla.
 

 

PUBLICADO: 02/09/2014
 

DOBHAR - DOIRA
Auga - Riada - Torrente

Neste documento centrámonos en palabras galegas como duira, doira o doiro, “auga”, “torrente”, para demostrar que están relacionadas co vocábulo dobhar, “auga”, “riada”, “torrente”, en gaélico irlandés, cos topónimos galegos Catoira, A Gaiteira, Os Guidoiros, e con Gaoth Dobhair, o topónimo gaélico-irlandés anglicanizado como Gweedore.

PUBLICADO: 04/09/2014
 

LOSCUD – LOSCADH - LOSQUEADA
Acto de inflixir dor ardente - Labazada

Neste documento centrámonos na relación entre a palabra galega losqueada, “golpe dado co revés da man”, e a palabra gaélico-irlandesa loscadh e a gaélico-escocesa losgadh, ámbalas dúas derivadas da raíz loscud, “acto de inflixir dor ardente (punxente)” en gaélico irlandés medio.

 

PUBLICADO: 11/09/2014
 

LUSCO-FUSCO
Crepúsculo - Amencer

Neste documento vemos a relación entre a palabra romance lusco, “chosco”, e algúns dos significados específicos das palabras gaélicas losc e loscud. A nosa intención é atopar a posible relación das devanditas palabras gaélicas co substantivo galego e portugués lusco-fusco “crepúsculo, amencer”.

PUBLICADO: 12/09/2014