arquivo
documentos
2015/xaneiro
GÁBH - GAFE - GAIFE
Extravagante - Agoiro
Neste documento comparamos algunhas palabras que consideramos adaptacións da raíz gaélica gábh ás linguas romances faladas no oeste da Península Ibérica. Gábh deriva da raíz gad / gábud en gaélico irlandés medio, ámbalas dúas palabras con significados relacionados con “perigo” ou coa “sensación causada polo perigo ou o medo”.
CNOC - CROQUE (I)
Vulto - Protuberancia
Neste documento comparamos algunhas palabras galegas coa palabra gaélica cnoc, “outeiro”, “montículo”, do gaélico irlandés antigo cnocc, “vulto”, “protuberancia”, e observamos certos cambios de pronuncia nalgúns dialectos irlandeses que cremos que están perfectamente reflectidos nas palabras galegas.
ACHADH - AGHRA
Campo
No léxico de toda lingua hai palabras que resulta difícil cambiar ou substituír. Nas comunidades agrícolas, a palabra empregada para referirse a un campo, ten que ser unha palabra de sempre, case inmutable a través dos séculos. Neste documento, centrámonos nas palabras galegas agra e agro e comparámolas con vocábulos gaélicos de igual significado e formas fonéticas semellantes.
© Propiedade de GAELIZACHT, S.L.