Pindo
Pico ou Montaña Escura

 
 

En Galicia, no municipio de Carnota, na provincia de A Coruña, hai unha montaña coñecida como Pindo. Existen numerosas lendas sobre esta montaña, que algúns historiadores románticos galegos consideraron o Olimpo Celta.

Coa intención de botar un pouco de luz sobre a orixe do nome desta famosa montaña galega, detémonos nas súas características físicas. O Pindo é unha inmensa masa de granito escuro cunha altura máxima de 627 metros. Pindo, a parroquia onde está situada, debe o seu nome a esta montaña.

Como xa dixemos, a súa cor escura é unha das súas principais características. Podémolo apreciar claramente na seguinte imaxe.

pindo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Monte Pindo (Carnota-A Coruña-Galicia)

É frecuente que os topónimos se formen con termos descritivos da lingua propia dos habitantes da zona.

Segundo a opinión xeral, os habitantes de Galicia son descendentes da poboación nativa que a ocupou durante milenios, e no existe constancia de grandes inmigracións no territorio galego. Por isto, os topónimos de Galicia deberían describir claramente os lugares ós que dan nome.

Así e todo, moitos deles son indescifrables desde o galego, a lingua propia. Por isto, enténdese que deben proceder de linguas faladas polos seus antigos poboadores, pero que actualmente xa non se falan nin se entenden.

Dado que Galicia era claramente unha rexión celta no momento da conquista romana, examinamos o topónimo Pindo desde a perspectiva das linguas celtas, máis especificamente desde a perspectiva da rama das linguas goidélicas ou gaélicas.

LINGUA

PALABRA

SIGNIFICADO

gaélico irlandés

binn

pico, cumio (por ext. montaña)

gaélico escocés

beinn

pico, cumio (por ext. montaña)

En gaélico irlandés, binn significa “pico”, “cumio” e, por extensión, en ocasións emprégase en referencia a unha montaña. En gaélico escocés, beinn tamén significado “pico”, “cumio”, e tamén por extensión se emprega para facer referencia a unha montaña.

En gaélico irlandés, o son representado pola letra b conserva a súa sonorización. Así, o son é bastante similar ó do b galego /b/  en posición inicial de palabra. Isto pode dar lugar a engano na lingua escrita, xa que o b galego se suaviza, converténdose nun son similar a /v/ en posición media ou final de palabra, mentres que a letra b irlandesa non se suaviza nestas posicións.

En gaélico escocés, o b pronúnciase como a consoante xorda /p/ sen aspiración, dun xeito moi similar á consoante galega ou castelá p /p/.

LINGUA

PALABRA

SIGNIFICADO

gaélico escocés e gaélico irlandés

dubh

escuro

gaélico irlandés

binn dubh

pico escuro / montaña escura

gaélico escocés

beinn dubh

pico escuro / montaña escura

En ámbalas dúas linguas gaélicas, dubh significa “escuro”. Nos dialectos do norte de Irlanda e en gaélico escocés, a consoante final, pronunciada como a consoante intervocálica española b e representada polo dígrafo bh, suprímese. Polo tanto, a palabra dubh pronúnciase /du/.

Observemos unha imaxe de Beinn Dubh pico escuro” ou “montaña escura” en Trossachs National Park, cerca do pobo de Luss, Escocia, cunha altura de 978 metros.

pindo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Beinn Dubh (Escocia)

Agora vemos unha imaxe de Binn Dubh en Connemara National Park, Irlanda. Altura: 696 metros.

pindo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Binn Dubh (Irlanda)

A similitude física entre Pindo, Binn Dubh e Beinn Dubh é evidente. Tendo en conta a pronuncia, a semellanza entre os topónimos tamén é evidente, aínda que a sílaba tónica é diferente nos topónimos gaélicos e no galego.

Cremos que a adaptación á lingua romance galega de calquera dos dous topónimos gaélicos que vimos é o suficientemente clara e non deixa lugar a ningunha dúbida razoable.

(gaélico escocés) Beinn Dubh > Pindo (galego)
pico escuro/montaña escura

(gaélico irlandés) Binn Dubh > Pindo (galego)
pico escuro/montaña escura

 

• • • • •

Se chegaches aquí, é porque che gustou este artigo. Compárteo!

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas e as linguas galega e portuguesa.