Valdoviño

 
 

Valdoviño é o nome dun municipio, unha vila e unha parroquia situados na provincia de A Coruña (Galicia). Aínda que existen diversas hipóteses sobre a orixe deste topónimo, neste documento intentaremos demostrar que se trata dun topónimo de orixe gaélica adaptado á lingua romance galega e que ten o seu homólogo correspondente en West Highlands, Escocia.

 

1. Etimoloxía discutida
 

Malia ser común a crenza que asimila Valdoviño a Val do Viño, esta hipótese foi descartada hai tempo debido, sobre todo, á climatoloxía da zona, situada na beira do Atlántico e con abundantes néboas durante boa parte do ano. Ademais, non existe indicio ou documentación algunha que fale de viñedos ou coa produción de viño a gran escala na zona.

Existe outra hipótese, máis plausible, Val do Aviño, dado que Aviño, un lugar da localidade, atópase nunha zona máis alta e inmediata ó val no que se atopa unha marisma ou lagoa coñecida como Lagoa da Frouxeira. Suponse que Aviño é o nome dun dos regatos que desembocan na charca ou marisma, pero hai un problema, e é que na actualidade, ningún dos hidrónimos que figuran na cartografía da zona leva o nome de Aviño, aínda que foi citado por varios autores. É posible que Aviño fose o nome antigo dun dos regatos que discorren ata a lagoa ou o mar.

 

2. Valdoviño
 

Polo lugar de Aviño discorren varios regatos que se unen ó Rego do Vilar, ó Rego do Foxo e ó Castro, para formar na súa desembocadura a Lagoa da Frouxeira, que en realidade é unha marisma, como podemos apreciar na seguinte imaxe:

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Aviño e a Lagoa da Frouxeira, na parroquia de Valdoviño.

Deseguido, vemos unha imaxe dun lugar coñecido como Poll Iú, anglicanizado como Poolewe, que se atopa en West Highlands (Escocia). Na imaxe podemos observar que un río desemboca nunha pequena baía na que hai unha pequena charca ou marisma coñecida como Poolewe, Poll Iù en gaélico escocés.

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

En gaélico escocés, o río chámase Abhainn Iù e a lagoa costeira na que desemboca chámase Loch Iù. A boca do río, a desembocadura, coñécese como Beul Abhainn Iù, que significa “boca do río Iú”, literalmente.

No seguinte sitio web: http://ambaile.com/gd/item/item_photograph.jsp?item_id=36862, pódense atopar as dúas imaxes seguintes:

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Trátase da mesma imaxe. A primeira ten o texto en inglés e a segunda teno en gaélico escocés. A tradución de calquera deles é “boca do río Iù”. Beul, pronunciado /biaL/, significa “boca” ou “desembocadura”, e Abhainn Iù significa “río Iù”.

Analicemos o topónimo gaélico-escocés Beul Abhainn Iù por partes para atopar unha posible relación co topónimo galego Valdoviño:

a) Beul

As palabras beul e béal significan “boca” en gaélico escocés e gaélico irlandés, respectivamente e, por extensión, ámbalas dúas palabras significan “desembocadura”. En gaélico manés (da Illa de Man), “boca de río ou desembocadura” dise beeal awiney. Se nos fixamos, estas dúas palabras case o din todo sobre o topónimo galego Valdoviño.

Deseguido, vemos tres exemplos do uso da palabra gaélico-escocesa beul na toponimia, coa tradución literal de cada un deles.

Stòr-dàta Briathrachais Gàidhlig (Texto traducido)

Beul Aibhne “Boca do río”

Beul Easa “Boca da cascada”

Beul an Atha Fada “Boca do Vao Longo”

b) Abhainn

No seguinte dicionario de gaélico escocés vemos esta acepción da palabra abhainn:

A Dictionary of the Gaelic Language, by Alexander MacBain (Texto traducido)

<abhainn>, río, irlandés [abhann] (xenitivo [abhann], agora [aibhne]), irlandés antigo [abann], galés [afon], bretón [auon], galo-britano [Abona]; latín [amnis] ([*ab-nis]). raíz [abh]; sánscrito [ambhas], auga.

O termo gaélico abhainn emprégase con moita frecuencia na toponimia. No seguinte dicionario vemos dous exemplos:

Stòr-dàta Briathrachais Gàidhlig (Texto traducido)

Abhainn Rà  “Río Rà”

Abhainn Dubh  “Río Negro”

Debemos ter en conta que o lugar de Aviño se atopa en Valdoviño, así como o feito de que parece que antano foi o nome dun rego.

En gaélico escocés, abhainn, “río”, pronúnciase /a.ɪNʲ/, pero o dígrafo bh gaélico tamén se pronuncia como /v/ nalgúns dialectos, polo que abhainn tamén se pode
pronunciar como /avɪNʲ/. A pronuncia do dígrafo nn gaélico é moi similar á do ñ galego e castelán, (/ɲ/).

 

3. De Beul Abhainn Iù a Valdoviño
 

Tendo en conta que en galego a veces se engade unha vogal final ás palabras tomadas prestadas do gaélico, de abhainn obteríamos aviñ(o), o nome do lugar e do regato que noutrora fluía por Valdoviño. Cremos que a primeira sílaba do topónimo galego, Val-, é unha adaptación da palabra gaélico-escocesa beul, pronunciada /biaL/.

Tamén é posible que Valdoviño sexa, de feito, Beul Abhainn Iù, o topónimo gaélico-escocés, adaptado á lingua romance galega. Isto non se debería só á evidente semellanza fonética, senón tamén ó feito de que na mesma zona de West Highlands, en Escocia, atopamos Abhainn Iù. En Galicia tamén atopamos Aviño na mesma zona que Valdoviño. En Escocia, o río (Abhainn Iù) desemboca nunha lagoa ou marisma coñecida como Loch Iù (Lago Ewe). En Galicia o suposto regato coñecido como Aviño desembocaría na Lagoa (laghoa con gheada). En Escocia, un lugar preto á lagoa ou marisma chámase Poll Iù, (Poolewe). En Galicia (como se pode ver na imaxe), moi preto de Aviño e da lagoa ou marisma, atópase o lugar de Poulo, e un pouco máis ó norte atópase o lugar de Lag(h)oa.

ESCOCIA

GALICIA

Abhainn Iù

Aviño

Loch Iú

Lag(h)oa

Poll Iù

Poulo

Beul Abhainn Iú

Val(d)oviño

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Na seguinte imaxe podemos ver que Londubh está moi preto de Poll Iú (Poolewe). En gaélico escocés Lòn Dubh significa “pradaría pantanosa escura”.

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Na seguinte imaxe podemos ver que en Valdoviño, xusto ó lado da lagoa, se atopa o lugar de A Lóngara.

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Vemos estas acepcións das palabras gaélicas lòn, dubh e garbh:

Am Faclair Beag (Texto traducido)

lòn /Lɔːn/ -òin, -òintean, sm 1 Pradaría pantanosa 2 Charca.

dubh /duh/ duibhe, a 1 Negro. 2 Escuro.

garbh /garav/ gairbh, a. 2 Agreste, de superficie irregular.

Agora temos Lòn Dubh (Lon dubh), “pradaría pantanosa escura”, e Lòngara (Lòn Garbh), “pradaría pantanosa irregular”.

Cremos que por tratarse de zonas de topografía semellante, é posible que os topónimos  sexan similares debido a iso... pero só son similares cando sabemos o seu significado en gaélico. O feito de que as súas formas fonéticas sexan similares ó seren anglicanizadas ou romanizadas non significa moito, xa que simplemente son topónimos sen sentido... a non ser que un saiba o seu significado en gaélico.

Agora podemos ver dúas imaxes moi reveladoras:

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Beul Abhainn Iú, Poolewe, Highland (Escocia, Reino Unido)

 

Valdoviño celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Valdoviño
(A Coruña, Galicia)

 

• • • • •

Se chegaches aquí, é porque che gustou este artigo. Compárteo!

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas e as linguas galega e portuguesa.