Elviña

 
 

No municipio de A Coruña, hai unha parroquia coñecida como Elviña, onde o 16 de xaneiro de 1809 as tropas británicas capitaneadas por Sir John Moore loitaron contra as tropas napoleónicas dirixidas por Nicolas Jean de Dieu Soult, na Batalla de Elviña.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Batalla de Elviña, de Hippolyte Lecomte

Elviña tamén é coñecida por un castro celta situado dentro da parroquia, o Castro de Elviña, onde se atopou un tesouro durante diferentes escavacións arqueolóxicas (1947-1952).

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Diadema de ouro atopada no castro de Elviña

A área coñecida como Val de Elviña atópase nas inmediacións dunha montaña de pronunciada pendente cuxa parte máis alta é coñecida como O Penasquedo, non moi lonxe do castro. Na seguinte imaxe podemos ver como era unha zona do Val de Elviña hai 50 ou 60 anos.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

O Val de Elviña foi ocupado case totalmente pola UDC, Universidade de A Coruña. Na seguinte imaxe podemos ver o aspecto que ten a zona hoxe en día.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Universidade de A Coruña (Elviña, A Coruña, Galicia – España)

Á esquerda da zona que vimos na imaxe anterior, hai unha montaña cuxa cima se coñece como O Penasquedo, cunha altura aproximada de 200 metros sobre o nivel do mar. En liña recta, o cume da montaña está a un quilómetro de distancia da estrada que vimos na imaxe anterior. Como a estrada se atopa a 40 metros por riba do nivel do mar, na ladeira da montaña ten que haber zonas cunha pendente moi pronunciada para pasar dunha altura de 200 metros a 40 metros nun quilómetro. Pódese apreciar claramente na seguinte imaxe.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Agora que vimos que a vila e o Val de Elviña están moi preto do que se pode considerar un precipicio, podemos pasar a unha pequena vila coñecida como Elphin, en Sutherland, Escocia.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Elphin (Sutherland, Escocia)

Como podemos ver na imaxe anterior, Elphin está situada nas ladeiras dunha montaña de pronunciada pendente, nunha das marxes dun val. Todo o val se coñece como Elphin, igual cá vila ou lugar. Elphin é a versión anglicanizada de Ailbhinn, “precipicio”  en gaélico escocés. Vemos esta acepción da palabra ailbhinn no seguinte dicionario etimolóxico:

An Etymological Dictionary of the Gaelic Language by Alexander MacBain (Texto traducido)

ailbhinn, pedra, pedernal, precipicio; de ail, roca.

Podemos ver a etimoloxía do topónimo no sitio web da Comunidade de Elphin http://www.elkcal.co.uk/elphin/

Elphin (gaélico: Ailbhinn) é unha vila de minifundistas situada en Assynt, Sutherland, no noroeste de Escocia. Ten 70 habitantes (do cales unha significativa porcentaxe é minifundista). Unha situación moi semellante á dos habitantes de Elviña hai uns 50 ou 60 anos, cando unha porcentaxe moi significativa eran minifundistas. Na imaxe que vimos de Val de Elviña tomada hai uns 50 ou 60 anos, podemos ver claramente as parcelas, os minifundios ou as leiras.

En relación ó gradiente da montaña en cuxas ladeiras se atopa o val de Elviña, na seguinte imaxe podemos observar que as curvas de nivel indican que hai un estreito barranco un pouco por debaixo do cume, O Penasquedo (198 m.), que baixa en declive ata o fondo do val (34 m.)

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Tamén vemos que a valgada, a depresión entre ladeiras, se coñece como O Lagar. En galego, portugués e castelán, lagar significa “recipiente onde se tripa a uva” ou “edificio onde hai un lagar”. Non hai rexistro algún de cultivo de vides ou elaboración de viño nas proximidades de Val de Elviña, polo que o topónimo non parece ter moito sentido.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

En gaélico, a palabra lag significa “valgada” e a palabra lagach significa “cheo de buratos ou valgadas”. Podemos ver as acepcións de ámbalas dúas palabras no seguinte dicionario de gaélico escocés:

Am Faclair Beag (Texto traducido)

lag /Lag/ 1 Cavidade. 2 Valgada (en xeografía)

lagach /Lagəx/ a. Relacionado con ou cheo de cavidades ou valgadas. Cheo de tobos, fosos ou valgadas.

Como podemos ver, lag significa “valgada” especificamente en xeografía. Cremos que a adaptación de lag ou de lagach á toponimia galega non puido ser unha difícil tarefa:

(gaélico) lag / lagach > lagar (galego)

Os dicionarios de lingua portuguesa consideran a palabra lagar, “recipiente onde se tripa a uva” ou “edificio onde hai un lagar”, de dubidosa orixe, mentres que os dicionarios de lingua castelá din que lagar deriva de lago, do latín lacus, “charca, lago”. A meirande parte dos lugares galegos coñecidos como lagar son simplemente valgadas, sen relación específica con “recipientes onde se tripa a uva”, “edificios onde hai un lagar”, “charcas” ou “lagos”.

Elviña celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Muiño en Elphin (Roscommon, Irlanda)

Aínda que estamos bastante seguros de que Elviña é unha versión romanizada do topónimo gaélico-escocés Ailbhinn, anglicanizado como Elphin, debido principalmente ó precipicio próximo á vila e ó val galegos e ó precipicio próximo á vila e val escoceses, en Irlanda hai unha vila en County Roscommon que tamén se coñece como Elphin, unha versión anglicanizada de Ail Fionn, “pedra branca”, en referencia a un gran obelisco que se atopaba ó lado dun manancial, e cuxa caída foi rexistrada no ano 1675.

Historicamente, Elphin foi unha vila cun mercado importante e o centro diocesano da diocese de Elphin. Crese que San Patricio visitou Elphin, consagrou a súa primeira igrexa e ordenou o seu primeiro bispo, Asicus (posteriormente o santo patrón de Elphin).

Como podemos ver, hai dúas posibles etimoloxías gaélicas para o topónimo galego Elviña. Unha é Ailbhinn, “precipicio”, anglicanizado como Elphin, e a outra é Ail Fionn, “pedra branca”, tamén anglicanizado como Elphin.

Polo que a nós respecta, as montañas de pronunciada pendente tan próximas a Elviña en Galicia e a Elphin en Escocia, son a clave para descubrir a etimoloxía do topónimo galego Elviña. Non temos coñecemento de que houbese unha pedra branca de particular relevancia en Elviña, pero é unha alternativa válida sempre e cando se poda demostrar que houbo unha pedra branca significativa na vila ou no val.

Ademais, hai unha diferenza importante na pronuncia destes dous topónimos gaélicos. En gaélico, a última sílaba de Ailbhinn, “precipicio”, pronúnciase /vɪNʲ/, a pesar de que foi anglicanizado como Elphin (ph /f/). En Ail Fionn, “pedra branca”, o f de Fionn pronúnciase /f/.

Polo tanto, tendo en conta as características topográficas de ámbolos dous topónimos escoceses e do topónimo galego, cremos que a seguinte romanización ou adaptación é correcta:

(gaélico escocés) Ailbhinn > Elviñ(a(galego)

 

• • • • •

Se chegaches aquí, é porque che gustou este artigo. Compárteo!

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas e as linguas galega e portuguesa.