Cu - Cucho
O mellor amigo do home

 
 

Segundo un recente traballo publicado na revista Science, os cazadores-colleiteiros que habitaron Europa hai máis de 19.000 anos foron os responsables de amestrar e domar as especies de lobos salvaxes das que descenden os cans actuais. Isto dános unha idea da antigüidade das palabras empregadas para denominar estes mamíferos cánidos, os fieis amigos do home.

 

1. Can – Cu
 

En galego e en castelán, a palabra can (cão, en portugués) significa “can, animal domestico de moitas especies” e deriva do latín canis. En castelán, co tempo, a palabra can caeu en desuso a favor da palabra perro.

Así e todo, en galego, existen outras palabras que tamén significan “can” e outras voces que se usan para chamar este animal ou están relacionadas con el. Ímolas ver de contado en diversos dicionarios de lingua galega:

Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27 (Texto traducido)

cus interj. (Com.) voz para chamar o can.

 

Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (Texto traducido)

cucho s. m. Can.

 

Eligio Rivas Quintas (2001): Frampas, contribución al diccionario gallego (inédito ata a 1ª ed electrónica neste dicionario) (Texto traducido)

cucho s. m. Sitio no que dorme o can, a súa caseta. Barxamaior Cebreiro, Lu.

 

Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932): Vocabulario del bable de occidente (Texto traducido)

cuzo, –za Cachorro, can novo. Cp. coa expresión cuz, cuz, usada para chamar os cans. Da vida destes dise: Tres anos cuzo, tres perro e tres cán. Ús. en varias vilas de Ast. e León., e a última edición do Dic. da Acad. admite cuza. A. F.

 

Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (Texto traducido)

cuzo s. m. Can faldreiro, que por pequeno pode estar nas faldras das mulleres. Abona este vocablo Leiras Pulpeiro, nas súas Poesías.

Chuquelo é outra palabra empregada nalgunhas zonas de Galicia para referirse a un can, malia non estar recollida en ningún dicionario. Esta palabra galega lévanos á palabra castelá chucho. Vemos esta acepción no seguinte dicionario de lingua española:

Diccionario de la Real Academia Española – DRAE (Texto traducido)

chucho1. (Da voz onomat. chuch, coa que se chama o can).
1. m. coloq. can (‖ mamífero cánido).

As palabras cucho, chuchocuzocus non parecen proceder do latín canis. Para procurar unha explicación, recorremos ás linguas gaélicas e nos seguintes dicionarios vemos estas acepcións da palabra gaélica :

eDIL Electronic Dictionary of the Irish Language (Texto traducido)

1
Formas: chon; coin; choin.
Significado: can, can de caza; lobo; lobos.
a. can, can de caza.
b. (allaid) lobo.
c. Con outras palabras para definir: mo chú coiméta “can gardián”.
d. Fig. Decote ten uso laudatorio, etcétera (i.e. Congalach, un rei)
e. En usos máis amplos, bicho, insecto, parasito (úsase cunha palabra para definir)

 

Foclóir Gaeilge –Béarla by Niall Ó Dónaill (Texto traducido)

, m. (gs. ~, pl. ~nna, gs. & gpl. con úsase en certas frases)
1. Can de caza, galgo.
2. ~ allta, lobo. ~ cosanta, can gardián. ~ dobhráin, londra. ~ fola, sabuxo. ~ seilge, can de caza.

 

An Etymological Dictionary of the Gaelic Language by Alexander MacBain (Texto traducido)

can. En irlandés e irlandés antigo . En gaélico escocés con. En galés ci, plural cwn. En córnico e en bretón ki, plural en bretón koun, *kuô.

 

Am Faclair Beag (Texto traducido)

irreg. sm Can

-buachaille Can de palleiro (cruzado)
-seilge Can de caza.
-faire Can gardián.
fiadh-chù Lobo
dobhar-chùLondra
crann-chù Can faldreiro.

Como vemos, hai indicios dabondo para sospeitar que a palabra gaélica   / , “can”, pode ser a orixe das palabras galegas cucho, “can”, cu zo, “can”, “caseta para o can”, cus ou cuz , “voz para chamar o can”. Tamén hai indicios para sospeitar que a forma gaélica chú (  con lenición) pode ser a orixe da palabra castelá chucho, “can”, e da galega chuquelo, “can”, malia teren unha pronuncia diferente na actualidade.

En portugués, con esta mesma posible raíz, soamente atopamos a palabra cucho. En castelán encontramos outras palabras que poden compartir raíz con todas estas palabras galegas e castelás: cusco, cuzco e gozque. Vémolas deseguido nos seguintes dicionarios:

Portugués:

Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (Texto traducido)

cucho | s. m. | interx.
1. [Rexionalismo]  Can.
2. [Rexionalismo]  Expresión usada para chamar porcos e cans. = CUCHE-CUCHE

Castelán:

Diccionario de la Real Academia Española – DRAE (Texto traducido)

cusco. (Da voz cuz, con seseo e repetida, coa que se chama o can).
1. m. Arx., Bol. e Ur. cuzco.

cuzco. (De cuz).

1. m. Can pequeno.

gozque. (Da voz gozc de chamar o can).
1. m. perro gozque.

perro gozque.
1. m. can pequeno moi sentido e ladrador.

chucho1. (Da voz onomat. chuch, coa que se chama o can).
1. m. coloq. can (‖ mamífero cánido).

Como vemos, as palabras cusco, cuzco e gozque teñen significados e formas fonéticas similares entre si e moi semellantes a algunhas das galegas. É moi posible que estas palabras, polo seu significado e pola súa forma fonética, non sexan de orixe onomatopeica, como suxire o DRAE, e que teñan a súa orixe na palabra gaélica  / , “can”.


cu - cucho celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

 

2. Ci / Ki – Quisquelo
 

Deseguido, vemos esta acepción da palabra galega quisquelo no seguinte dicionario:

Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel (Texto traducido)

quisquelo s. m.  Gozque (cuzco), can pequeno e ladrador.

Ó compararmos quisquelochuquelo, observamos que a diferenza está na sílaba inicial de cada palabra: quis-chu-. En An Etymological Dictionary of the Gaelic Language by Alexander MacBain vimos que ci significa “can” en galés, igual ca ki en bretón. Ámbalas dúas palabras se pronuncian /ki/. Así, podemos deducir que quisquelo ten a súa orixe nas linguas britónicas, igual que chuquelo a ten nas linguas gaélicas.

Agora vemos esta acepción de can guicho no seguinte dicionario de lingua galega:

Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (Texto traducido)

can guicho Can perdigueiro.

En galés, a lenición fai que o c /k/ inicial da palabra ci se pronuncie /g/ cando vai precedido do artigo. Por exemplo, a palabra ci "can" comeza co son /k/, pero despois do artigo definido y, o son /k/ convértese en /ɡ/. En galés y gi significa “o can”. Así, podemos deducir tamén que a sílaba inicial da palabra galega guicho, en referencia a un can, pode estar directamente relacionada coa palabra ciki, “can”, nalgunhas linguas britónicas.

 

Conclusión
 

Neste documento vimos que nas linguas romances faladas no oeste da Península Ibérica hai palabras de orixe non latina con significados e formas fonéticas afíns á palabra gaélica , “can”, que indican unha posible orixe gaélica para estes termos romances e mesmo unha orixe britónica, ci / ki, para a palabra galega quisquelo, algo que queda bastante claro ó comparala coa palabra tamén galega chuquelo de igual significado.

 

• • • • •

Se chegaches aquí, é porque che gustou este artigo. Compárteo!

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas e as linguas galega e portuguesa.