Coruxo - Uxes

 
 

A palabra uisce en gaélico irlandés e a palabra uisge en gaélico escocés, significan “auga” e, por extensión, adquiren o significado de “río”, “lago” e mesmo “mar” na toponimia. A palabra uisge pronúnciase /ɯʃkʲə/ en gaélico escocés, e a palabra uisce pronúnciase /ˈɪʃkʲə/ en gaélico irlandés. En gaélico manés, a pronuncia e a grafía da palabra cambia un pouco: o son /k'/ da palabra gaélico-irlandesa y da palabra gaélico-escocesa convértese en /t/ na palabra gaélico-manesa ushtey.

De seguido, vemos un topónimo no que uisge significa “augas” en referencia a uns ríos que desembocan nun lago situado nun fondal: Loch Coire Uisg, anglicanizado como Lake Coruisk, co significado “Lago do Fondal das Augas”. É evidente que Coire Uisg ou Coire Uisge significa “Fondal das Augas”. As augas ás que fai referencia a palabra uisg / uisge adoitan ser ríos, lagoas ou mesmo o mar, como xa dixemos.

Coruxo - Uxes celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Loch (Lago) Coruisk, Escocia

 

Coruxo - Uxes celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Mapa de Loch Coruisk

 Agora que sabemos que a palabra coire, “fondal”, ás veces é anglicanizada como Cor- na toponimia gaélico escocesa e que uisg / uisge é anglicanizada como –uisk, pasamos á toponimia galega. 

En Cambre, na parroquia de Meixigo, no fondal causado polo río Mero, atópase o lugar de Coruxos.

Coruxo - Uxes celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Coruxos, Meixigo, Cambre, A Coruña, visto desde o río Mero.
Fonte: Google Earth.

A parroquia de Coruxo, en Vigo, Pontevedra, está situada no fondal dun val que se vai estarricando ata chegar ó mar.

Coruxo - Uxes celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Coruxo, Vigo, Pontevedra, visto desde a beiramar.
Fonte: Google Earth.

Despois de tódalas explicacións dadas arriba, non é difícil entender que o topónimo Coire Uisge ou Coire Uisg, anglicanizado como Coruisk en Escocia, foi romanizado ou adaptado como Coruxos e como Coruxo en Galicia.

(g. escocés) Coire Uisg / Coire Uisge > Coruxo / Coruxos (galego)

Teñamos en conta que, na toponimia galega, a palabra gaélica uisce / uisge puido ser adaptada de distintas maneiras. Nos casos de Coruxos e de Coruxo, foi anglicanizada como –uxos e –uxo, respectivamente.

Pensamos que Uxes é unha adaptación máis próxima á pronuncia da palabra gaélico-escocesa uisge, /ɯʃkʲə/, cá pronuncia en gaélico irlandés, se examinamos o son da vogal inicial. Tamén pensamos que o lugar de Uxes lle debe o nome ó regato que o atravesa. Uxes é unha entidade de poboación da parroquia de Morás, en Arteixo, A Coruña.

En próximos microespazos seguiremos analizando topónimos galegos relacionados coa palabra uisce / uisge / ushtey, “auga ou augas” (río, regato, lago, mar).

Coruxo - Uxes celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Uxes, Morás, Arteixo, A Coruña.

• • • • •

Se chegaches aquí, é porque che gustou este artigo. Compárteo!

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas e as linguas galega e portuguesa.