Coriscada - Coruxedo

 
 

No noso microespazo titulado CORUXOUXES vimos que en gaélico escocés e en gaélico irlandés a palabra coire significa “fondal” ou “val entre montañas”. Tamén vimos que, coire foi anglicanizada como cor- na toponimia irlandesa e escocesa.  

Loch Coire Uisge, “Lago do Fondal das Augas”, anglicanizado como Lake Coruisk é un caso que xa analizamos no microespazo mencionado. Tamén vimos que Coruxo e Coruxos son dúas adaptacións do topónimo gaélico Coire Uisge á toponimia galega, onde a palabra uisge foi adaptada como –uxo/-uxos.

Neste documento imos ver dous casos distintos nos que a palabra gaelico-escocesa uisge (/ɯʃkʲə/) e o seu equivalente en gaélico irlandés /ˈɪʃkʲə/ foron adaptadas na toponimia galega: como uxe- e como isc-, respectivamente. Observemos que a pronuncia da palabra gaélico-escocesa e a da gaélico-irlandesa só difiren na vogal inicial.

Na toponimia gaélica (irlandesa e escocesa) a palabra uisce / uisge ten o significado “auga” ou “augas”, sempre en referencia a unha masa de auga como pode ser un regato, un río, un lago e mesmo o mar.

Nas Highlands, Escocia, preto de Carn na Sguabaig, hai un río coñecido como Uisge Dubh, “Río Escuro”.

  Coriscada - Coruxedo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Coriscada - Coruxedo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Con todos estes datos, chegamos ó topónimo galego Coruxedo, e podemos deducir facilmente que se trata dunha adaptación ou romanización. Vémola deseguido:

(gaélico escocés) *Coire Uisge Dubh > Coruxedo (galego)

O significado “Fondal do Río Escuro” queda claramente reflectido nas seguintes imaxes:

Coriscada - Coruxedo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

 Rego de Coruxedo polo fondal entre montañas.

Coruxedo está no concello de Navia de Suarna, nos Ancares, nun fondal por onde discorre o Rego de Coruxedo, entre os picos coñecidos como O Estorneiro e Pandozarco, con máis de 1.000 metros de altura cada un.

Agora pasamos á Serra da Coriscada. Polo leste desta serra pasa o Río Sor, o río máis longo da zona (49 quilómetros). O punto de maior altitude é o monte de Coriscada, con 523 metros sobre o nivel do mar.

Con estes datos, só temos que saber que en gaélico (escocés e irlandés) a palabra fada significa “longo”. Cando sofre lenición debido á palabra que a precede, fada escríbese fhada, e o fh inicial non se pronuncia, é mudo, polo que a palabra pasa a pronunciarse /ada/.

Así e todo, parece que neste caso se trata dunha palabra gaélico-irlandesa similar en son e en significado á palabra gaélica coire da que falamos, común a ámbalas dúas linguas.

Trátase da palabra corr, de xénero feminino, cuxos significados son “fondal”, “foxa”, “pozo”. Un substantivo feminino causa a lenición da consonante inicial do adxectivo que o segue, por lo que teriamos fhada en lugar de fada.

Así, podemos deducir que Corr Uisce Fhada, /cor ɪʃkʲə ada/, significa “Fondal do Río Longo”, e que a seguinte adaptación tamén é correcta:

(gaélico irlandés) *Corr Uisce Fhada > Coriscada (galego)

Coriscada - Coruxedo celta galego Galicia Escocia Irlanda gaeles pictos

Río Sor ó seu paso pola Serra da Coriscada.

A serra e mailo monte débenlle o nome (Coriscada) ó fondal polo que flúe o río Sor, o máis longo da zona, que vai desembocar á Ría do Barqueiro.

Dixemos que iamos ver dous casos distintos de adaptación da palabra uisce / uisge. No caso de Coruxedo, -uxe- reflicte a pronuncia escocesa da palabra uisge, /ɯʃkʲə/, mentres que no caso de Coriscada, -isc- reflicte a pronuncia irlandesa da palabra uisce, /ˈɪʃkʲə/. Ademais, Coriscada deixa intuír a súa relación co substantivo feminino gaélico irlandés corr, que causa a lenición do adxectivo que o segue.

• • • • •

Se chegaches aquí, é porque che gustou este artigo. Compárteo!

Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+
Se desexa máis información, recomendámoslle a lectura dos nosos documentos. Todos están baseados na relación entre as linguas gaélicas e as linguas galega e portuguesa.