SOCIOS

 

Colabora co Proxecto Gaelaico. Faite socio e forma parte do noso equipo. Conseguirás moitas vantaxes:

Desconto dun 10% en tódolos produtos da nosa tenda online. Ser socio ten moitas vantaxes. Unha delas é que che ofrecemos un 10% de desconto sobre o total da túa cesta da compra. Dto. aplicable a outras promocións. Polo de agora dispoñemos de camisetas, axiña engadiremos mais artigos.

Publicación dun libro electrónico para socios. Periodicamente publicaremos tódolos nosos documentos en formato de libro electrónico (con índice, clasificado por temas, etcétera). Non precisarás estar conectado a internet para ler os nosos documentos. A información irase actualizando en diferentes edicións. Xa non tes que gastar os cartos nun libro en formato papel!

Documentos exclusivos para socios: acceso gratuíto a documentos sobre léxico e toponimia única e exclusivamente para socios do Proxecto Gaelaico.

Documentos explicativos das series de documentos. Ó final de cada serie de documentos, faremos un breve resumo sobre toda a serie, onde se explicarán minuciosamente as conclusións ás que chegamos, de xeito que calquera persoa poda comprendelas e velas desde o noso punto de vista.

Invitación ó noso congreso anual. Cada ano terá lugar un congreso internacional promovido polo Proxecto Gaelaico, no que participarán diversos académicos. Se non podes asistir, non te preocupes, terás acceso ó vídeo do congreso na zona de socios!

Invitación para asistir a eventos de lecer promovidos polo Proxecto Gaelaico en colaboración con diferentes concellos.

Resposta persoal a dúbidas. Tes unha dúbida sobre algún dos nosos documentos? Cres que hai unha palabra ou topónimo que pode ter orixe gaélica? Ponte en contacto connosco e axudarémoste persoalmente a resolver tódalas dúbidas!

PVP afiliación: 25 €/anuais (IVE incluído).

 

Para facerse socio debe iniciar sesión.
Se aínda non está rexistrado, rexístrese.

Para facerse socio debe rexistrarse

correo electrónico
 
confirmar correo electrónico
 

usuario
 
contrasinal
 
confirmar contrasinal
 
enviar rexistro

ERRO


 


COTA ANUAL:

 

 

IMPORTANTE: Despois de facer a transferencia, envíenos ó enderezo de correo electrónico contact@progael.com o seu nome, apelidos, enderezo e DNI para poderlle enviar a factura e axilizar a súa alta como socio.

 
IR A PAYPAL

COTA ANUAL:

 

IMPORTANTE: non esqueza indicar o seu nome de usuario no concepto do ingreso.

Pago válido por un ano. Para seguir sendo socio, debe realizar o mesmo ingreso cada ano na mesma data. Indicarémoslle mediante correo electrónico que a súa subscrición está a piques de caducar.

Pode ingresar a cota na seguinte conta bancaria:

BBVA (IBAN) ES85 0182-2200-19-0201694767

BANCO SANTANDER (IBAN) ES74 0049-4832-87-2716077551

BANCO PASTOR (IBAN) ES02 0238-8120-25-0600195311

Despois de facer a transferencia, envíenos o xustificante ó enderezo de correo electrónico contact@progael.com indicando o seu nome, apelidos, enderezo e DNI para poderlle enviar a factura e axilizar a súa alta como socio.